Fegadace: Federación galega de dano cerebral

FEGADACE

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) constitúese en maio de 2007 polas cinco asociacións galegas de dano cerebral adquirido (DCA). Estas son: ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago.

FEGADACE persegue a defensa dos intereses e a mellora da calidade de vida dos galegos e galegas con dano cerebral adquirido e dos seus familiares. Pretende sensibilizar á sociedade en xeral con respecto á dimensión desta discapacidade, implicar ás institucións e cantas iniciativas se dirixan a resolver os retos da rehabilitación, inclusión e normalización social do colectivo.

A Federación nace cos obxectivos de coordinar os esforzos das cinco asociacións galegas de dano cerebral, de canalizar as demandas do colectivo de persoas con DCA en Galicia perante a Administración e de aportar solucións que contribúan a normalizar a situación destas persoas na sociedade.

FEGADACE está declarada Asociación de Utilidade Pública desde decembro de 2013:

  • Declaración de Utilidade Pública
  • FEGADACE foi declarada de Utilidade Pública o 20 de decembro de 2013.

  • Baixar ficheiro